Home » Actividades » CHARLA NA BIBLIOTECA

CHARLA NA BIBLIOTECA

"A literatura creada por e arredor de Frida Kahlo"
Por SIMÓN SANTOS RODRÍGUEZ
Mércores 25 maio
20.00h
Biblioteca Fundación Eugenio Granell

 

Simón Santos aborda nesta charla a faceta literaria da pintora mexicana, recollida en diversas fontes, sendo unha das principais o Diario Ilustrado que a autora levou a cabo os últimos dez anos da súa vida e onde recolleu pensamentos, poemas, soños e debuxos.

Tamén supoñen unha fonte importante de estudo os Escritos compendiados por Raquel Tibol con cartas persoais, notas, recados, telegramas e textos escritos que son testemuñas de como a artista fixo da súa torturada vida, unha obra de arte.

A vida de Frida Kahlo seduce, atrapa e conquista coas súas historias de dor, paixón, amor, celos e enganos. Quizais esta sexa a razón pola que esta extraordinaria artista goce de tanto recoñecemento na actualidade. A temática da súa obra, que entronca co máis visceral do ser humano, así como a súa traxectoria vital xunto a súa parella Diego Rivera sementou un campo perfecto para a influencia en posteriores artistas como a escritora mexicana Elena Poniatowska.

Simón Santos Rodríguez (Ourense, 1992) é graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Literatura Hispanoamericana pola Universidade Complutense de Madrid.