Home » Actividades » DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

19 de maio
18.00h

Co motivo da celebración da Semana Internacional dos Museos, a  Fundación Eugenio Granell abre as portas dos seus almacéns de arte e do taller de conservación-restauración, para realizar unha visita guiada un tanto inusual  aos espacios e ao seu patrimonio.

Mostraranse os  distintos traballos relacionados coa conservación, restauración,  investigación e difusión das coleccións  e das súas exposicións, como unha parte da Paisaxe Cultural á que pertencen.

Sen perder de vista a importancia de defender, protexer e promover a Rede Cultural da cidade, dentro e fóra do museo, en todas as súas formas e expresións.