
6 abril – 26 xuño, 2016
Sala 5. Primeira planta
Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, Directora da Fundación Eugenio Granell, ten como obxectivo mostrar a reflexión, que fai a artista sudafricana sobre a identidade e o exilio, onde examina os procesos do inconsciente e os mitos que estes xeran. O seu traballo reúne tanto debuxo, pintura, obxectos, vídeo e instalacións, empregando as texturas e os obxectos encontrados como medio para introducirse en sí mesma.
Nacida en Sudáfrica, Kathleen Fox múdase a Inglaterra en 1987 impulsada pola situación política da súa terra natal. Dende 1991 intégrase no surrealismo. Según a propia artista, o seu traballo sostense nos anos da súa formación en Sudáfrica, o surrealismo, a mitoloxía africana e grega e a lectura da prehistoria.
Fox foi artista residente no Museo Freud de Londres, o que deu lugar á exposición “Los Espacios del Inconsciente” en 2010, que vincula a Freud, o surrealismo e a investigación de Fox sobre o inconsciente. O comisario desta exposición foi Krzysztof Fijalkowski, e publicouse un catálogo escrito por Michael Richardson e Krzysztof Fijalkowski.
Palabras de Kathleen:
Hola Natalia,
Qué inauguración máis marabillosa! Tanta xente para coñecer e falar, tanto apoio para a Fundación, e qué grande equipo na propia Fundación! Todos traballaron tan duro para conseguir que todo quedara tan bonito e fora tan ben.
Quixera que estiveras aquí para gozar do interese mostrado por moita xente con respecto á obra e arredor das técnicas. Moitas grazas por invitarme a expoñer, paseino xenial.
Hai dous vídeos que forman parte da exposición. En conxunto, fixen tres vídeos durante os derradeiros dez anos, máis ou menos, e deixei unha copia de cada un deles na Fundación para que os empreguedes sempre que queirades.
Ademais, hoxe escribín unha descrición das técnicas empregadas na obra quedando así á vista para todos aqueles que estean interesados nelas.
Por certo, odio as fotos de min. Sen embargo, sei que as fotos de prensa son útiles para a documentación. E para a publicidade.
Mañá e o meu derradeiro día completo, o que é triste.
XxKathy