
Xoves, 26 novembro
20.00h
Bodegóns a Granell con María Meijide
Dentro das actividades programadas para a semana de celebración do Aniversario de Eugenio Granell terá lugar, o xoves 26 de novembro, ás 20.00h, unha nova edición de “A miña peza favorita”, a cargo da artista María Meijide.
Esta actividade iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha ou varias pezas de entre todas as que se encontran nas Coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal en forma de representación artística sobre as obras elexidas.