
2 xullo, 2015 – febreiro, 2016
Segunda planta
A exposición 20 formas de cambiar o mundo, comisariada por Eduardo Valiña, toma como punto de partida as importantes coleccións que conforman os fondos do museo, establecendo un percorrido a través do diálogo, por unha parte, entre Granell e a colección Philip West e, por outra, entre a colección surrealista e a colección étnica. A mostra complétase coas obras doutros creadores contemporáneos que forman parte de coleccións privadas.
A exposición susténtase no concepto de colección, dende as realizadas por Granell, ata o feito de realizar unha colección de arte actual, polo tanto créase unha relación directa entre o Granell artista e coleccionista con outros coleccionistas, e mesmo tamén creadores actuais.
Trátase dunha exposición dobre, distribuida nos dous andares, que funciona de modo independente e complementaria, xa que no primeiro andar levarase a cabo unha exposición de Luis Seoane no vindeiro mes de novembro, outra das mostras conmemorativas do 20 aniversario do Museo.
Relación de autores presentes na mostra: Eugenio Granell, Mario Granell, Benjamín Palencia, Aldo Alcota, Eduardo Abela, Artur Manuel Cruzeiro Seixas, Esteban Francés, Loïc Bonnefont, Aurelio De la Vega, Antonio Saura, Rik Lina, Juan Ismael, Max Welter Svanberg, Frances del Valle, Ludwig Zeller, Jesús Navarro, Roberto Matta, Édouard Jaguer, André Masson, Xesús Carballido, Carmen Sáez, R. Ferrán Blanco, Cossette Zeno, Yo Yoshitomé, Gordon Onslow Ford, Reimundo Patiño, Vela Zanetti, Susana Wald, Anne Ethuin, Juan Barreto, Pablo Picasso, Joan Sandalinas, Juan Barjola, Miguel Ángel Huerta, Anasor ed Searom, José Caballero, Joanna Domanska, Ernesto Lothar, Antonio Rodríguez Luna, Simon Hantaï, Philip West, Max Ernst, Ana Mendieta, Wifredo Lam, Joan Miró, Kurt Schnitzer(Conrado), Le Corbusier, Saul Steinberg, Joseph Beuys, Christo, Robert Capa, Efrain Almeida, Marcel Duchamp, Gilbert Garcín, Laxeiro, Rafael Zabaleta, Xoan Anleo, Toyen, Xurxo Oro Claro, Sara Coleman, Alex Januario, Jorge Kleiman, Jana Sterback, Amparo Segarra, Arturo Ballester, Fátima Rueda, Gregg Simpson, Antonio Fernández Molina, Cristóbal Ruiz Pulido, Julián Calero Gómez, Diogo Evangelista.


