
Venres 2 outubro
11.00 a 14.00h e de 16.00 a 18.00h
CIR/CO/LAB é un laboratorio de experimentación educativo-tecnolóxico itinerante. Un espazo para achegar á sociedade as novas competencias que nacen da Cultura Dixital.
Este laboratorio itinerante desprazarase por toda España entre o 18 de setembro e o 18 de decembro. O venres 2 de outubro estará no Museo Fundación Eugenio Granell, de 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.
A súa actividade baséase no modelo interdisciplinar Educación Steam que integra o deseño e as artes na educación xunto coas seguintes disciplinas: ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
A súa pretensión é conseguir que a tecnoloxía facilite potenciar o desenvolvemento da imaxinación, da creatividade, da intelixencia emocional e do pensamento crítico.
CIR/CO/LAB está formado por un equipo multidisciplinar que considera vital a integración da tecnoloxía no sistema educativo para cambiar os procesos de aprendizaxe.
Dirixido a calquera persoa cunha inquedanza pola tecnoloxía e con interese por aprender.


