Home » Exposicións » AMPARO SEGARRA. ARACNE

AMPARO SEGARRA. ARACNE

2 xullo, 2015 – 2 marzo, 2016
Sala Amparo. Segunda planta

Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación, resalta unha das facetas máis descoñecidas de Amparo Segarra, a súa especial vinculación co mundo da moda. Neste senso, a roupa terá un apartado especial, con prendas persoais ou elaboradas pola artista, ademáis de completarse con dúas obras realizadas na técnica da colaxe. 
Amparo Segarra amósase como creadora textil, con diferentes producións realizadas en distintos materiais, presentando tamén unha selección de complementos que se acompañan de fotografías, onde a artista e outras persoas da súa familia visten as súas creacións.
Por outra banda, a artista amósase na súa faceta de actriz, neste caso nunha das películas surrealistas realizadas por Eugenio Granell nos anos 60, Película hecha en casa con pelota y muñeca, onde realizará diferentes accións.
A mostra adícase á persoa, a través de fotografías, especialmente da súa nenez e adolescencia, un material inédito que nunca fora exposto con anterioridade.
Como muller, Segarra sempre estivo chea de inquedanzas, o que resultou no desenvolvemento de diversas facetas durante a súa vida. Deste xeito, atopámola actuando como unha persoa moi forte que superou todas as dificultades que se lle presentaron a causa da súa ideoloxía.