Home » Exposicións » GRANELL E A PALABRA

GRANELL E A PALABRA

29 xaneiro – 21 xuño, 2015
Salas 2,3. Segunda planta

Con esta mostra, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).
Granell y la palabra, afonda nun dos aspectos máis suxestivos dentro do universo creativo de Granell. Trátase da palabra e a súa presenza en moitas das súas obras, que inevitablemente, pasan a formar parte do seu discurso e configuran esa homoxeneidade que descorre en todo o seu discurso plástico.
O punto de partida da mostra conleva un longo traballo de investigación, onde se interrelacionan unha estudada selección de pezas, coa palabra como protagonista. As obras, os escritos e toda a documentación empregada forman, principalmente, parte dos fondos do Museo Fundación, da súa biblioteca e do arquivo persoal de Granell.
Granell foi tamén un importante escritor e a súa obra literaria acompaña moi a miúdo a súa obra pictórica, non obstante, esta selección de pezas evidencia que en Granell o aspecto narrativo atópase algo máis que presente, xorde como unha necesidade, que queda patente na expresión granelliana, pintura es escritura y escritura es pintura.