Home » Exposicións » SARA COLEMAN. DOBLE SIMULTÁNEO

SARA COLEMAN. DOBLE SIMULTÁNEO

9 abril – 21 xuño
Salas 4,5. Primeira planta

O Museo Fundación Eugenio Granell inaugura o vindeiro xoves 9 de abril, ás 20:00h., a exposición Doble Simultáneo de Sara Coleman, que poderá visitarse ata o 21 de xuño.
Con esta mostra o Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).
Esta proposta toma como punto de partida a investigación téxtil e o seu desenvolvemento no espazo, baixo a influencia surrealista granelliana, establecendo un diálogo aberto onde o espectador atopa o sentido dunha maneira activa diante da obra. As pezas realizadas no Laboratorio Téxtil da Universidade de Vigo, en colaboración co técnico en punto tricot Jose Bravo, supón unha reflexión sobre o espazo e o movemento, creando estruturas específicas para o espazo expositivo, vinculadas ao intrincado proceso creativo de Granell, baseado no automatismo.
Sara Coleman, artista multidisciplinar, estuda Artes Plásticas aplicadas ao Deseño de Moda (Técnico Sup. en Artes Plásticas e Estilismo de Indumentaria) ademais doutras titulacións: Máster en Xestión de Moda, Experto Universitario en Formación, Cultura e Xestión de Moda, Ilustración Experimental no Central Saint Martins, Técnico en Patronaxe e Escalado Industrial e Deseño de vestiario para Artes Escénicas. Na actualidade cursa o Grao en Belas Artes (Facultade BBAA de Pontevedra).
Ao longo da súa carreira profesional ten traballado como patronista en Roberto Verino, como deseñadora e patronista free-lance para diversas empresas do sector téxtil e ten desenvolvido obradoiros de investigación coas artistas téxtiles: Kei Ito (Novas formas para o Deseño), con Teresa Rosa Aguayo (premio ARTFAD 07) en especialización en feltro e con Elisabeth Salgado (Técnicas téxtiles en tear de baixo lizo).
No ano 2007 funda a súa su propia marca de moda: SARA COLEMAN_Organic Design. Dende entón e ata agora ten presentando as súas coleccións de moda na pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid e en feiras internacionais do sector téxtil. Dende o ano 2007 e ata o 2009 exerce como docente na Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce e ten impartido Cursos de Deseño de Moda e Análise de tendencias en colaboración con ATEXGA (Asociación Téxtil de Galicia). Actualmente e dende o ano 2012, colabora como docente en ESDEMGA (Estudios Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia), ao mesmo tempo que imparte conferencias e talleres sobre Creatividade e Experimentación. O seu último proxecto en formación experiencial, baixo o título: “The Handcraft Experience”, encamíñase a abrir un novo espazo transdisciplinar para o desenvolvemento creativo a través da experiencia directa co material.
No 2011 recibe o Primeiro Premio a Iniciativa Empresarial e no 2013 é finalista dos premios: International Woolmark Prize (representando a Europa) e no prestixioso Mango Fashion Awards.
Realizou e participou en diversas exposicións, entre as que destacamos Filogénesis na Galería Sargadelos de Ferrol, Hacer. Diseñar. Pensar, Museo de Artes Decorativas de Madrid, ¿Cazadores de Tendencias? CentroCentro_Palacio de Cibeles, Madrid, El diálogo creador. Diseño y tradición cultural, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, ou Caminos en el Diseño no Pazo da Cultura de Pontevedra e Torre da Caldeia Velha (Portugal).
Con motivo da exposición editarase un catálogo con textos de Chus Martínez Domínguez e Lola Dopico.