Home » Exposicións » COLECCIÓN SURREALISTA DE GRANELL

COLECCIÓN SURREALISTA DE GRANELL

29 xaneiro – 21 xuño
Sala 1. Segunda planta

Colección Surrealista de Granell. Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, componse dunha selección de obras en diferentes formatos, que forman parte da Colección Surrealista.
A mostra parte do concepto de exhibición non convencional, a sala organízase en catro bloques, formando grupos que se relacionan a través das diferentes composicións.
Dentro de esta importante colección, preséntanse obras de artistas tan significativos coma Picasso, Marcel Duchamp, Oscar Domínguez, Maruja Mallo, Wifredo Lam, Cruzeiro Seixas, Toyen, Iván Tovar, Max Ernst, Man Ray, Picabia, Joan Miró, Antonio Saura, Laxeiro, Alberto, José Caballero ou Carlos Mérida, entre outros.