
A.A.C. para o desenvolvemento sen fronteiras
“Dez anos de poesía sen fronteiras no Museo Fundación Eugenio Granell”
Mércores 26 novembro
19.00h
A.A.C. para o desenvolvemento sen fronteiras presenta no Museo Fundación Eugenio Granell, o mércores 26 de novembro, ás 19.00h, o recital Dez anos de poesía sen fronteiras na Fundación Eugenio Granell. Baixo a dirección de María Montaña cunha selección de textos de Cervantes, Lope de Vega, Quevedo, Unamuno, García Lorca, Miguel Hernández, Rosalía, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Manuel María, entre outros.
A Asociación celebra así o seu X Aniversario e, ademáis, como mostra de agradecemento e solidariedade coa Fundación Eugenio Granell, súmase á campaña:
¡DEJA ENTRAR EL ARTE EN TU VIDA!
O Museo Fundación Eugenio Granell ofrece a oportunidade única de ser o propietario dunha serigrafía do artista Eugenio Granell adquirindo un boleto por 10 . O sorteo se celebrará o 22 de decembro de 2014. Consultar as bases en páxina web: www.fundacion-granell.org
O Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras que dirixe María Montaña componse dunha ducia de actrices maiores de 60 anos. Comezou a súa andaina en 2005 cun espectáculo titulado Don Quixote e Sancho Panza baseado na obra de Miguel de Cervantes, ó que seguiron outros coma Escravitude, de Lugrís, A carta roubada de Edgar Allan Poe, A noite vai coma un río (fragmento) de Álvaro Cunqueiro ou Os autómatas da quinta xerazón, esta creación do grupo en homenaxe a Eugenio Granell.
O Grupo conta no seu historial con múltiples recitais de poetas tanto en lingua galega (Uxío Novo Neira, Álvarez Blázquez, María Mariño, Alvaro Cunqueiro…) como castelán (Miguel Hernández, Juan Ramón Jiménez, Edgar Allan Poe, Miguel de Unamuno…), así como lecturas dramatizadas de diversos autores (Valle-Inclán, Unamuno e o propio Eugenio Granell).
O Museo Fundación Eugenio Granell quere agradecer o apoio prestado pola Asociación que, ao longo de todos estes anos, colaborou na realización de actividades e agradecer tamén a súa destacada participación nos Maratóns de Lectura que o Museo leva organizando dende o ano 1998.


