Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Xoves 20 novembro
20.00h
Intervén: Misha Bies Golas

Nesta ocasión na actividade “A Miña Peza Favorita” contamos coa intervención de Misha Bies Golas, que comentará a escultura Mujer castellana do artista Alberto (Alberto Sánchez Pérez), producida en 1956-58.
Esta actividade iniciase en 1997, e consiste en seleccionar unha peza de entre todas as que se atopan nas Coleccións do Museo Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión dende unha perspectiva actual. Trátase dunha proposta aberta a calquera persoa interesada tanto no Museo Fundación, como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén ca participación de persoas relacionadas con diferentes ámbitos coma a arte, a educación, a comunicación, etc.
Misha Bies Golas é autor de varias publicacións e proxectos (27 Negros, Un avión de Feldmann, A modo de conclusión e Grosso modo), ten exposto o seu traballo de xeito colectivo e individual en diferentes espazos como o MARCO, CGAC, CARPE DIEM, FAC PEREGRINA, SALÓN, UN DISPARO DE ADVERTENCIA e LOUIS 21 THE GALLERY.