
Xoves 30 outubro
20.00h
Interviene: Quin Farinha
Participou nalgunhas das formacións Folk máis relevantes do momento e actualmente é membro de Berrogüetto.
Foi profesor da aula de violín no conservatorio de música tradicional da Universidade Popular de Vigo e forma parte do proxecto docente A Central Folque en Compostela.
No ámbito das artes plásticas, estudiou volume na Escola de Artes e Oficios “Mestre Mateo” en Santiago de Compostela, realizando diversas exposicións de escultura nesta cidade, así como outras de fotografía enmarcadas dentro do “Outono Fotográfico” de Ourense.
Traballa nun obradoiro de luthería de maneira autodidacta na reparación e construción de instrumentos de corda, así como na creación de novos prototipos experimentáis, atendendo as súas propias esixencias como músico.


