Home » Actividades » O UNIVERSO DE GRANELL

O UNIVERSO DE GRANELL

Reinterpretado pola ollada do alumnado de Artes 2013/14 do IES de SAR
23 setembro – 5 outubro
Sala de Didáctica

Esta mostra supón o resultado do traballo plástico e de investigación, levado a cabo polo alumnado de segundo de bacharelato de Artes do IES de Sar, Santiago de Compostela, baixo a dirección da docente Carmela Romay.
O Museo Granell, segue traballando na difusión do seu patrimonio, e especialmente da obra de Granell, neste sentido establécese unha estreita relación cos centros de ensino que visitan o museo, e traballan sobre as diferentes coleccións da Fundación.
A iniciativa desta exposición nace tras a visita ao Museo Fundación Eugenio Granell, onde os estudantes entraron en contacto co universo graneliano que os levou a reinterpretar a obra do artista traballando cunha ampla diversidade de técnicas, entre as que destacamos, acrílico, colaxe, acuarela, temperas, tintas, etc.
O resultado desta experiencia, supuxo un grande enriquecemento tanto a nivel persoal por coñecer a obra dun dos máis importantes artistas do surrealismo, coma a nivel técnico, o que deu como resultado esta ampla variedade de creacións individuais que poden verse na exposición.