Home » Actividades » Presentación Mapa emocional de Santiago de Compostela

Presentación Mapa emocional de Santiago de Compostela

Presentación Mapa emocional de Santiago de Compostela
Autora: María Meijide
Xoves 31 xullo
19.00h

Este xoves 31 de Xullo as 19:00h., a artista compostelá María Meijide presenta no Museo Fundación Eugenio Granell o seu mapa emocional de Santiago de Compostela. Trátase dun mapa de autor, unha peza de ilustración-pintura que en palabras da autora pretende ofrecer “unha visión próxima e espontánea do espazo que habitamos, a cidade, onde a localización e o tamaño responden a un rexistro subxetivo, que non cartógráfico, dos lugares e das cousas”
O acto, que comezará as sete da tarde, estará amenizado por un concerto da cantante Lúa Gándara e do pianista Pablo Seoane. Ofrecerase un viño da Ribeira Sacra e un catering da tenda compostelá de conservas Catrineta.
Os asistentes á inauguración poderán ver ademais o mapa orixinal, as pranchas, as probas de cor e unha mostra da primeira tiraxe presentada en ‘excitantes’ tubos de cartón. A primeira edición deste mapa, cunha tiraxe de 1.000 exemplares, está xa á venda en distintos comercios da capital de Galicia: A Quenlla, Libraría Encontros, Libraría Couceiro e Conservas Catrineta. Poderase adquirir tamén durante os concertos do Festival ‘Feito a man’ que terán lugar na cidade no mes de agosto.
Para María Meijide, este mapa emocional “aspira a converterse nun referente iconográfico que perdure na memoria emotiva dos composteláns pois recoñecémonos na cidade en canto está viva”.
Maria Meijide (Santiago, 1978). licenciouse en Belas Artes pola universidade de Sevilla en 2003 e finalizou en 2013 un mestrado pola universidade de Lisboa, cidade na que viviu os últimos catro anos. Realizou exposicións a nivel nacional e internacional, en cidades como Arlés (Francia), Milán (Italia), Monforte de Lemos, Zacatecas (Mexico), Sevilla, Compostela, Lalín, Ponferrada, Bruselas, Madrid, ou Lisboa. A súa especialidade son os cadernos de viaxes e a pintura figurativa en gran formato.