Home » Exposicións » TOVAR. ANTOLÓGICA

TOVAR. ANTOLÓGICA

19 xuño – 5 outubro
Primeira planta

O Museo Fundación Eugenio Granell presenta a exposición “ IVÁN TOVAR. ANTOLÓGICA”. Esta mostra, comisariada por Fran Pimentel, recolle o legado deste artista surrealista nun percorrido pola súa produción, articulada a través de sesenta obras.

Iván Tovar naceu na República Dominicana no ano 1942, país onde comezará a forxar a súa personalidade artística o inscribirse na Escola Nacional de Santo Domingo, para estudar Belas Artes. Sen embargo, será o longo da súa estancia en París onde logre alcanzar os seus maiores éxitos como artista, figurando coma un dos pintores contemporáneos máis importantes de toda Europa.

Durante a súa estancia na República Dominicana, Tovar relacionase con moitos dos artistas europeos emigrados das grandes catástrofes que estaban a suceder en Europa, entre os que destaca Eugenio Granell. A causa do seu exilio no ano 1939, Granell entrará en contacto con outros exiliados coma André Breton ou Víctor Serge. Anos máis tarde coñecera a Iván Tovar con quen manterá unha corta, pero importante correspondencia epistolar.

A obra de Tovar conforma un universo propio e onírico, onde establece unha nova realidade. A crítica actual calificou o conxunto da súa obra baixo o concepto de neosurrealismo, debido a que as súas composicións representan un mundo extraordinariamente simbólico e persoal. As súas obras, a través das diferentes técnicas, formatos e soportes, propoñen unha exploración detallada do desexo, como si fora unha especie de paxaro prehistórico monstruoso. De modo que grazas a súa mestría, Tovar converteuse nun dos máximos representantes do surrealismo de toda a contemporaneidade.