Home » Actividades » Taller “A desorde das cousas”

Taller “A desorde das cousas”

IMPARTE: José Luis Seara
DATAS: 8-11 Xullo.
HORARIOS: 11.30-13.30h.
IDADES: de 8 a 15 anos.
PREZO: 50 euros

Cuestionar a realidade forma parte dos plantexamentos dos surrealistas. Este nada é o que parece levounos a valorar os obxectos pola súa capacidade de acender a imaxinación, non polo seu uso cotián.
O obxectivo deste taller consiste en recuperar o valor dos obxectos como forza motriz para poñer en marcha a imaxinación, despoxándoos da súa utilidade na nosa realidade convencional. Desde esta perspectiva, preténdese traballar con utensilios de emprego cotián, fora de uso, así como materiais inútiles, residuos; para crear un espazo escénico, en definitiva, artístico, que poida dotalos dunha sustantividade, buscando unha nova orde e desorde aos elementos.
Este espazo escenográfico integraría os distintos elementos creados nun primeiro momento de desobxectualización dos obxectos-utensilios, transfigurándoos mediante as técnicas de iluminación e disposición espacial. De modo que a composición creada trascenda a súa realidade inicial de práctica e eficiencia.