
Mércores 25 xuño
19.30h
Teatro Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras
Dirixido por María Montaña
O Museo Fundación Eugenio Granell presenta o vindeiro mércores 25 de xuño, ás 19.30 h, o espectáculo: Cartas de amor da monxa portuguesa Mariana Alcoforado, do Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras dirixido por María Montaña. Unha versión libre a partires da tradución de Carmen Martín Gaite.
O Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras dirixido po María Montaña componse dunha ducia de actrices maiores de 60 anos.
Comezou a súa andaina en 2005 cun espectáculo titulado Don Quixote e Sancho Panza baseado na obra de Miguel de Cervantes, ó que seguiron outros coma Esclavitude, de Lugrís, A carta roubada de Edgar Allan Poe, A noite vai coma un río (fragmento) de Álvaro Cunqueiro ou Os autómatas da quinta xerazón, esta creación do grupo en homenaxe a Eugenio Granell.
O Grupo conta no seu historial con múltiples recitais de poetas tanto en lingua galega (Uxío Novo Neira, Álvarez Blázquez, María Mariño, Alvaro Cunqueiro…) como castelán (Miguel Hernández, Juan Ramón Jiménez, Edgar Allan Poe, Miguel de Unamuno…), así como lecturas dramatizadas de diversos autores (Valle-Inclán, Unamuno e o propio Eugenio Granell).