IMPARTIDO POR: REINA DHOORE E LIANA VELLA
DURACIÓN: 6 de maio 17 de xuño.
FECHAS: 6 de maio; 13 de maio; 20 maio; 27 de maio; 3 de xuño; 10 de xuño; 17 de xuño
HORARIOS: martes de 16:30h a 19:30h.
PREZO: 30 euros por sesión, 200 en pago único. Materiais artísticos incluidos.
PRAZAS: Máximo 15 persoas.
MATERIAL: Roupa cómoda.
FECHA LIMITE DE INSCRIPCIÓN: 2 de maio de 2014.
O obxectivo deste curso é acrecentar o noso grao de resiliencia. Ofrécense novas estratexias para soster a identidade do individuo e aumentar a súa capacidade de afrontar a adversidade, saíndo non só fortalecido, senón tamén acadando un estado de excelencia profesional e persoal.
Para isto empregaranse:
· Coaching acompañado pola rotación artística.
· Estratexias procedentes da Pedagoxía da Coraxe
. A través de xogos creativos ca finalidade de entender as nosas experiencias persoais como patrimonio humano.
· Técnicas de escoita activa, visualizacións e ancoraxes da Programación Neurolingüística.
Reina DHoore Sánchez, titulada en Xestión de Recursos Humanos, formouse en teatro e danza contemporánea na rotación artística, Saint-Soleil de Tiga, en Haití. É coach, certificado polo Instituto Europeo de Coaching, e Practitioner en Programación Neurolingüística e Hipnosis Ericksioniana polo Instituto de Potencial Humano.
Liana Vella é doutora con mención europea en Ciencias da Educación, Antropoloxía e Pedagoxía Teatral e está especializada en Teatro e Saúde: a Humanización da Menciña polo Máster en Teatro Social e de Comunidade e en Dirección e Creatividade escénica polo Centro de Estudos Escénicos de Andalucía. Na actualidade traballa como formadora teatral e asesora de comunicación eficaz entre Italia e España.