
Un berro fulgurante do espíritu. André Bretón e o surealismo
Xoán Abeleira
2, 3, 4 e 5 de abril
17:00 a 20:00 h
As prazas son limitadas ata completar aforo
Prezo: 80 euros
Cancelado
O seminario constará de catro sesións de tres horas de duración cada unha, cun descanso de dez minutos.
Por unha banda, abordaranse conceptos claves para entender o pulo do movemento (o marabilloso, o punto sublime, a poesía, o amor, a liberdade…), relacionándoos con todas as ciencias do espírito nas que beberon os surrealistas para desenvolvelos (as psicoloxías freudiana y junguiana, a tradición ocultista, as artes chamadas primitivas ou chamánicas, etc.); e, por outra, aclararase, teórica e practicamente o método máis coñecido do surrealismo: o da escrita e maila pintura automática.
Primeira sesión: Consideracións previas: Qué é o surrealismo? Qué é a surrealidade? Actualidade do surrealismo.
Segunda sesión: A fe surrealista: Fundamentos do surrealismo. O marabilloso. A poesía. A escrita automática.
Terceira sesión: A videncia. O soño. O amor. A liberdade. O punto sublime. Cuarta sesión: Os fundamentos do surrealismo na obra de Granell.
Xoán Abeleira é poeta, narrador, tradutor, crítico e xornalista galego, cofundador do Grupo Surrealista Galego. Ten publicado máis dunha ducia de libros de poesía e de prosa, entre os que destacan Animais Animais, As nosas sombras non Xardín de Serralves, Pan de ánimas e a serie para nenos As aventuras de Nunavut. Traballou e colaborou en numerosos xornais e revistas, como El País, La Opinión de A Coruña, El Urogallo ou Quimera. Durante as súas máis de tres décadas de actividade profesional, ten traducido, en galego e en castelán, unha trintena de autores, coma Arthur Rimbaud, Guillaume Apollinaire, Sylvia Plath, Ted Hughes, Jack London ou John Berger, entre outros. A súa última achega até o momento é Pleamargen, un volume publicado por Galaxia Gütemberg que recolle as mellores obras da última etapa de André Breton.


