
IMPARTE ALBERTO PENA REY
DURACIÓN: 26 febreiro-10 decembro.
FECHAS: 26 febreiro;12 e 26 marzo;9 e 23 sbril; 7 e 21 maio; 4 e 18 xuño;17 setembro; 1,15 e 29 outubro;12 e 26 novembro;10 decembro.
HORARIOS: mércores de 16:30h a 19:30h.
PRAZAS: Máximo 12 persoas.
PREZO: 30 euros por taller. Materiais artísticos incluídos.
MATERIAL: Roupa cómoda, un caderno para escribir o proceso persoal.
Data límite inscrición: 21 Febreiro.
Ciclo de obradoiros de arteterapia, unha viaxe ao teu interior a través da experiencia fundamental da creación, confiando no que emerxe de forma espontánea, manipulando materiais, investigando no manello de técnicas e recursos plásticos, con obras de Arte como inspiración.
Neste laboratorio experiméntase cos sentidos, coa atención ao corpo, á respiración e as emocións, con tempos para comentar, quen o desexe, a súa experiencia. Non se requiren coñecementos previos ou habilidades especiais.
Estos obradoiros están dirixidos a persoas con interese polo autocoñecemento, que queran entrar en contacto con técnicas e recursos de arteterapia, profesorado ou estudantes de ensinanzas artísticas. O que se pretende é afondar no propio, desenvolver a creatividade, a intuición, expresar a experiencia interior e compartir o proceso con outras persoas.
Alberto Pena estudiou Belas Artes e traballa como profesor de Bacherelato de Artes. Formado en Terapia Gestalt en GUIBOR e especializado en Arteterapia no Centro de Arteterapia Humanista.


