
Mércores 27 de novembro
20.00h
“Se rostro. Club de Jazz, taboleiro de xadrez” por Jesús Otero-Yglesias.
Actividade que consiste en elexir unha das pezas das Coleccións do Museo Fundación Eugenio Granell para comentala. O comentario non ten porque ser artístico, senón simplemente pode ser unha reflexión persoal sobre ao que o participante lle suxire a obra elexida. Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación coma na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Nesta ocasión Jesús Otero – Yglesias, co título Se rostro. Club de Jazz, taboleiro de xadrez, será o protagonista desta actividade para a que elixiu duas pezas da colección étnica: Doyo e Mariposa búho .


