¡¡ GRANDE OPORTUNIDADE!!
Adquira agora un gravado de Eugenio Granell
A Fundación Eugenio Granell, que ven de celebrar o centenario do natalicio do artista, pon a venda unha serie de obras consistente nun conxunto de gravados realizados nos anos 90.
Trátase dunha oportunidade única para adquirir edicións limitadas do que foi un dos máximos expoñentes do Surrealismo Internacional.
Nos anos 90 Eugenio Granell en colaboración coas galerías La Kábala e EEGEE-3 realizou un conxunto de gravados empregando as técnicas de augaforte e augatinta. Tamén participou nunha serie de publicacións de edicións especiais, que incluían como agasallo un gravado ou unha serigrafía deste autor.
As estampas seleccionadas, de grande calidade, teñen unha temática claramente granelliana a través das súas representativas figuras características deste periodo estético- e, englobadas baixo títulos tan suxestivos como son: Lección de Anatomía, Florero medieval, Los astrónomos, La casa de la estrella, entre outros.
Esta obra gráfica móstranos a particular e surreal poética da obra plástica de Eugenio Granell.
É unha selección composta por 15 gravados, de temáticas diferentes, con 76 copias, destacando varias probas de autor, e de taller.
Calquera persoa interesada pódese dirixir ao Museo para obter máis información.
VER IMAXES GRAVADOS