Home » Exposicións » LA OBRA INACABADA. EUGENIO GRANELL

LA OBRA INACABADA. EUGENIO GRANELL

Salas 1,2,3. Segunda Planta

La exposición “La Obra incabada. Eugenio Granell” está comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Eugenio Granell e Lorena Rodríguez, responsable das coleccións do Museo Granell.
O artista galego deixou diversas obras sen rematar, en diferentes soportes e técnicas, por motivos que descoñecemos, trátase de proxectos que non se concluiron e o feito de que o autor non se desfixese delas segue a ser unha incógnita. Esta sobras incabadas supoñen unha importante fonte de información, para coñecer o proceso creativo do artista, especialmente no terreo formal.
Eugenio Granell conservou estas pezas, aínda que quizáis nestes traballos non atopou a fluidez desexada, tendo en conta que a interpretación dunha obra de arte é algo moi persoal e que Granell nunca explicaba as súas obras, o importante é que estes bocetos supoñen un reto que nos fai especular sobre o seu propósito.
Entre as peza expostas destacamos o óleo El Príncipe constante dedicado ao seu irmán Mario. Trátase dun cadro de grandes dimensións que chama a atención tanto pola súa sinxeleza como pola súa condición de inacabado. Ademáis de dezaoito follas de papel ao auga que se atoparon nun caixón da súa residencia de Madrid, ou as obras Elefantitos de 1991, Picapedreros del monte Pedroso de 1978-79 e el Epistolario de Genoveva de Brabante de entre 1991 y 1994.

La exposición “Juegos de Equilibrio. Amparo Segarra” comisariada por Eduardo Valiña está composta por unha coidada selección de colaxes que a artista foi facendo ao longo da súa vida.
Amparo comeza a traballar con colaxe nos anos 50 para unha exposición de modas en Puerto Rico, colaborando con Eugenio Granell cando este impartía clases na  Universidade de Río Piedras. Imaxinaba lugares efémeros dotados dunha fantasía estremecedora e interesante, combinando elementos que aparentemente non podían ir xuntos.
Nas súas creacións descubrimos unha gran variedade  de formas e cores cheos de vida, visións de corpos feitos fragmentos e historias onde se unen mundos contradictorios. Amparo non pinta nen debuxa sobre estas colaxes. A súa obra é o resultado de cortar e pegar cun grande sentido do equilibrio, un fel reflexo do mundo cambiante que lle tocou vivir a unha muller de forte talante e personalidade.
Nas distintas colaxes podemos atopar recortes de revistas norteamericanas, nas que aparecen palabras en inglés que reflicten unha etapa da súa vida. Cousas tan incríbles como soldados medievais que se misturan con figuras exipcias ou as pernas dunha muller ás que engade o corpo e a cara dun hombre. Todo elo acompañado dunha grande dose do sentido do humor e da orde.