Home » Exposicións » ENSAIOS PARA UN MODO DE EMPREGO.

ENSAIOS PARA UN MODO DE EMPREGO.

Jorge Varela
3 outubro, 13 – 19 xaneiro, 14

A mostra está composta de esculturas e fotografías (a modo de rexistro documental), ensinando o uso que o artista fai das mesmas. “Ensaios para un modo de emprego” supón unha reflexión sobre os procedementos constructivos na escultura contemporánea, autorreferencias do proceso vital dun creador actual, a través da relación cos obxectos plantexada como un problema no uso dos mesmos. Obxectos irónicos que poñen en dúbida os mesmos conceptos que proxecta.
O artista convértese, deste xeito, nun elemento portátil preparado para ser trasladado ou soportado como reflexión dun contexto de mutación constante no que o feito creativo supón un exercicio de autoanálise, a través dos procesos formais nos que se desenvolve o seu traballo.
Esculturas, fotografías, obxectos intervidos, ou elementos de camuflaxe crean un trazado pensado para que o público acceda a unha parcela chea de incógnitas que deveñen do feito mesmo de construir, habitar ou mesmo pensar.
Jorge Varela (Allariz, 1971) é artista visual e investigador. Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo e Especialista Universitario en Arte e Críticas Contemporáneas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de Licenciatura levou por título “Arte, utopía y duelo. Cuatro aproximaciones, 1989-2007”. Nos últimos anos alterna o seu traballo como artista co de investigador na Universidade de Vigo e como investigador invitado na facultade de Ciencias Sociais de Buenos Aires. A súa obra foi exposta no MACUF (A Coruña), Casa de Vacas (Madrid), Museo Kloster Asbach (Alemania), Centro rey Juan Carlos I de España na Universidade de Nova York, Centro Nacional de las Artes, Sede Alsina, Buenos Aires, etc.