Home » Exposicións » ANTONIO CAÍÑA. Monton

ANTONIO CAÍÑA. Monton

4 xullo – 15 setembro
Sala Philip West. Primera planta

O Museo Fundación Eugenio Granell presenta a exposición “MONTON” de Antonio Caíña, comisariada por Edu Valiña que poderá visitarse na Sala Philip West da primeira planta do museo até o 15 de setembro.
Antonio Caíña é un artista que non se move nos círculos e canles oficiais ou máis visibles da arte actual. Sen embargo, o seu traballo, como o de moitos outros creadores segue unha traxectoria de coherencia, neste caso ligada á íntima relación cos obxectos, abrindo novas vías de expresión entorno a este tipo de representacións.
Non exento de referentes, está vinculado directamente coa técnica asumida de xeito inmediato polo movemento dadaísta, empregada tanto por Duchamp coma Man Ray ou Francis Picabia, entre outros. A arte de Caíña parte principalmente dos obxectos rescatados, aqueles que xa se conciben como perdidos ou desposuídos do seu valor.
A pretensión de dignificar obxectos cotiáns supón un desafío ao que se considera arte en oposición ao que non o é. Na meirande parte das ocasións o obxecto sofre unha modificación, aínda que non ata o extremo de facelo irrecoñecible. A transformación leva a que o designe como obxecto “atopado”, “modificado”, “interpretado” ou “adaptado”.
Seguindo estes plantexamentos, Antonio Caíña conforma unha obra baseada na utilización de pequenos obxectos. Crea deste xeito un micromundo a través de composicións de pequeno formato establecendo unha mostra que ten coma trasfondo referentes de artistas contemporáneos coma Jorge Machi.
Antonio Caíña é deseñador gráfico e artista plástico de formación autodidacta. Expuxo en diferentes lugares: Bienal Internacional de Arte Fundación Araguaney 2000, la Ida (Madrid) 2002, Mostra Artxove 2003, A Medusa (Santiago de Compostela) 2003, Galería Espacio 48 (Santiago de Compostela) 2004, El Raval (Barcelona) 2004, Seteflores (O Carballiño) 2010. Recibiu a Mención de honra na categoría de Escultura no “Premio Ildefonso Sánchez Mera”.