Home » Exposicións » ROSENDO CID. Mentres, a lóxica do obxecto…

ROSENDO CID. Mentres, a lóxica do obxecto…

21 de febreiro – 21 abril
Primera Planta. Sala Philip West

A exposición do artista galego Rosendo Cid, Mentres, a lóxica do obxecto… componse dunha serie de fotografías, obxectos e debuxos. As súas fotografías supoñen un soporte de documentación final do feito de ensamblar e manipular diferentes obxectos, mentres que na disciplina do debuxo o artista xoga con conceptos do eido artístico, que utiliza como pretexto para elaborar unha serie de pezas metafóricas, onde a ironía resulta un piar fundamental deste proxecto.
Rosendo Cid (1974, Ourense) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo na especialidade de Escultura, e realizou un bienio de doutoramento en coñecemento e produción artística. O artista ten realizado un número considerable de exposicións individuais como 365 maneras de estar en el mundo. (Extéril, Portugal, 2012) ou Outras formas da xenética, (Museo Municipal de Ourense. 2011) e participou en diversas exposicións colectivas, entre as que se contan a XII Mostra Internacional Gas Natural Unión Fenosa MACUF, A Coruña, ou na Intervención (con María Chenut) no parque Pierre Paulus, Parcours D´artistes Saint-Gilles, Bruselas (2010), entre outros.