
Mércores 27 marzo
20.00h
Chus Martínez Domínguez
La tarde poética de Joanna Wiszniewska-Domanska.
A Fundación retoma esta actividade iniciada en 1997, consistente en seleccionar unha peza de entre todas as que se atopan nas Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión dende unha perspectiva actual. Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación coma na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación. Nesta ocasión Chus Martínez Domínguez comentará a obra La tarde poética da artista polaca Joanna Wiszniewska-Domanska.
Chus Martínez Domínguez é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa actividade profesional no ámbito da arte destaca o seu labor como crítica de arte do Suplemento Babelia do xornal El País, así como nas revistas Arte y Parte e Tempos Novos. Ademais de escribir noutras publicacións especializadas e xornais, galegos e estatais, colaborou en diferentes proxectos de investigación, catálogos e ensaios de institucións públicas e privadas.