
Mércores 20 febreiro
20.00h
Mercedes Rozas
“Don Ramón María del Valle-Inclán” de Eugenio Granell
A Fundación retoma esta actividade iniciada en 1997, consistente en seleccionar unha peza de entre todas as que se atopan nas Coleccións da Fundación Eugenio Granell para elaborar un comentario persoal onde se lle de unha nova visión dende unha perspectiva actual. Os participantes nesta actividade serán diferentes personalidades pertencentes a diversos ámbitos coma a arte, a educación, a comunicación, etc.
Nesta ocasión Mercedes Rozas comentará a obra Don Ramón María del Valle-Inclán, realizada por Eugenio Granell. A construción foi realizada en 1975 empregando metal, madeira, tea e papel para compoñer un obxecto con forma de caixa onde se enmarca unha face feita de latón.
Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea. É membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Dende os anos oitenta realiza o seu traballo entre o ámbito do comisariado expositivo e a crítica de arte, colaborando con distintas institucións e en diferentes medios de comunicación e revistas especializadas. Actualmente escribe crítica de arte no xornal La Voz de Galicia.