
Compañía des Marías
Malena llena eres de gracia
Jueves 7 febreiro
20.00h
Entrada: 5
A Compañía das Marías abre as súas portas co espectáculo Malena llena eres de gracia. Un espectáculo cunha forte expresividade plástica que devén da forza sintáctica e evocadora das imaxes, que se suman ó texto e a procedementos de realización xestual e coreográfica que van máis alá do realismo.
Nunha sociedade de derme cada vez máis paquidérmica, sometidos a esta era da orxía da imaxe visual que nos levou á virtualidade é urxente amarrar, morder a realidade e reconectarnos con ela.
Neste contexto entendemos a vocación e a finalidade do teatro dos nosos días como un espazo onde se afina, se puntualiza e xera orde, isto é, conciencia. Polo tanto nesta idea de teatro comprometido que non se desvincula da realidade e dos problemas da sociedade, a compañía propúxose o reto de denunciar, aclarar e presentar o último capítulo da historia universal da escravitude: a explotación sexual de mulleres.


