Home » Actividades » Recital poético Celso Emilio Ferreiro

Recital poético Celso Emilio Ferreiro

Grupo de Teatro da Asociación para o desenvolvemento sen fronteiras
Dirixe: María Montaña
Martes 5 febreiro
20.00h

Con motivo da celebración o pasado ano 2012 do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, as integrantes do Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras prepararon un recital que presentan agora na Fundación Eugenio Granell. Dez actrices maiores de 60 anos, baixo a dirección de María Montaña, recitarán unha selección de poemas do homenaxeado escritor: Irmáns, María Soliña, Longa noite de pedra ou Son un pasmón, entre outros.
O Grupo de Teatro da Asociación Cultural para o Desenvolvemento sen Fronteiras comezou a súa andaina no 2005 cun espectáculo titulado Don Quixote e Sancho Panza baseado na obra de Miguel de Cervantes, ó que seguiron outros coma Esclavitude de Lugrís, A carta roubada de Edgar Allan Poe, A noite vai coma un río (fragmento) de Álvaro Cunqueiro ou Os autómatas da quinta xerazón, sendo esta última peza unha creación do grupo en homenaxe a Eugenio Granell.
O Grupo conta no seu historial con múltiples recitáis de poetas tanto en lingua galega como en castelán, así como lecturas dramatizadas de diversos autores coma Valle-Inclán, Unamuno e o propio Eugenio Granell.