
Presentación
Mércores 12
12.00h
O Proxecto Ástura nace da ledicia de volver ás nosas raíces, apostar por unha identidade casi soterrada no tempo e establecer relacións no plano cultural, social e económico dentro e fora das nosas fronteiras.
Ástura toma a raíz do celta; stour, que quere decir rio. Topónimo que aparece en Bretaña, onde Plinio el Viejo fala do rio Stur. Actualmente existen tres ríos Stour en Kent, Suffolk e Dorset. Na desembocadura do Elba atopamos outro rio Stör, chamado antigamente Sturia. Asemade, no Piamonte situábanse os Esturi – tribu celta – e un rio Stura. Esta raíz mantense ainda hoxe no gaélico e o bretón nas palabras ster e stour co significado de rio.
O Patrimonio de Ástura está formado por un rico mosaico de valores identitarios, tan amplio como os pobos que compoñen a área de actuación do Proxecto, pero co denominador común dun decoro compartido e o orgullo de nacer nunha terra con carácter, moldeada por un mar e un clima atlántico, que brinda fogar, alimento e materias primas para os seus fillos.
Trátase dunha iniciativa do Colectivo Interferencia, que de xeito progresivo irá incorporando ao seu programa de actividades proxectos como La Mesa Ástura, O Observatorio de Desarrollo Cultural, Social e Económico ou Xixón Cidade da Cultura, entre outros moitos.
Durante a presentación proxectarase o documental do realizador asturiano Jaime Santos titulado “Guardianes de la cultura rural” (42 min.).
www.proyectoastura.com


