
11 a 13 de decembro
Horario: 18.00 a 20.00h
Impartido por Ana Gorría
Inscrición: 30 / Plazas limitadas
A Fundación Eugenio Granell presenta o primeiro obradoiro de poesía asociado aos Picaversos: Últimas tendencias da poesía española actual, coordinado pola poeta Ana Gorría. Nel analizaremos a poética dos autores máis recentes e diversos do panorama estatal. Revisaremos a tradición que desenvolven e as súas diferenzas. Atenderemos á pluralidade de voces poéticas, incluídas as vascas, galegas e cataláns. O obradoiro está dirixido para todo aquel que teña como interese o mundo da poesía e todo o que a rodea.
Ana Gorría é mestra en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid e licenciada en Filoloxía Hispánica pola UCM. Durante catro anos formouse como investigadora en artes escénicas no CSIC cunha bolsa do programa de formación de Profesorado Universitario.
Como poeta, publicou os libros Clepsidra, Araña y los cuadernillos De lo real y su contrario y El presente desnudo, proxectos nos que a súa poesía dialoga con compositores como Juan Gómez Espinosa ou artistas plásticas como Pepa Cobo, Cristina Martos Vela ou Sonia Pulido.
Realizou versións de poetas ingleses, como John Ash, e de poetas galegos como Chus Pato. Exerceu a crítica literaria no diario Público e publicou artigos en monográficos e revistas de especialidade como Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula, Nuevos Hispanismos, Afinidades o Sesión no numerada, da que forma parte do consello editorial.