Home » Actividades » IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “Parabéns Granell! Feliz Cumple Granell!”

IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “Parabéns Granell! Feliz Cumple Granell!”

Presentación dos traballos do 4 ao 15 de setembro.
Entrega de premios 19 de decembro ás 18.30 h
Exposición dos traballos 19 de decembro ao 12 de xaneiro

O Museo Eugenio Granell coa colaboración do Centro Comercial Área Central convoca o IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell.”Parabéns Granell! Feliz Cumple Granell!”
A finalidade do Certame é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que conceda o xurado, o Museo organiza unha exposición, do 19 de decembro de 2012 ao 12 de xaneiro de 2013,  coas obras presentadas ao concurso.
Poderán concurrir a este Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos e entre 6 e 12 anos. 
Neste IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, invítase aos escolares a realizar obras-agasallo que reflexionen sobre a obra do artista, neste ano tan especial no que celebramos o centenario do seu nacemento (28 de Novembro do 1912), e no que, mostramos a súa obra e o seu legado a través das exposicións realizadas nas sedes culturais que colaboraron nesta celebración: O encontro na poética de Eugenio Granell na Fundación Cidade da Cultura, A colección étnica de Eugenio Granell no Museo do Pobo Galego, O surrealismo hoxe na Fundación Eugenio Granell, Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940-1956 no Auditorio de Galicia, O espello do pintor. Eugenio Granell nas coleccións institucionais galegas no Centro cultural Novacaixagalicia e, por último, Eugenio Granell. Unha película de veinte minutos no Centro Galego de Arte Contemporánea.  

Mais información