
Recital libre de poesía na Fundación Eugenio Granell
21 de novembro
19.00 a 20.30h
Relaciones textuales, de Jóvenes sin Talento 2. Esta formación de “spoken word”, composta por María López e Moisés Fernández, propón unha actividade interdisciplinaria a modo de recital/concerto onde ten cabida a música, o vídeo e a poesía.
Relaciones textuales, achega ao público as creacións deste grupo de novos poetas, que nesta ocasión contarán coa colaboración videográfica de Eduardo Fernández e estarán acompañados polo artista Andrés Ibáñez, encargado da posta en escea e quen, ademais se encargará da presentación de micro aberto, espazo no que o público poderá interactuar recitando un poema propio ou alleo.
Este recital pretende funcionar a modo de presentación dun espazo multidisciplinar partindo do feito poético relacionado con diferentes creadores. Unha invitación aberta á participación do público en xeral, non só como lugar de reflexión senón tamén como espazo de expresión persoal, xerando diferentes materiais que se amosarán ao público en diversas sesións.


