Home » Actividades » BOOKCROSSING

BOOKCROSSING

A Fundación Eugenio Granell únese á iniciativa bookcrossing con motivo do Día Internacional do Libro.

Este venres día 20 de Abril, a Fundación Eugenio Granell, unirase a outros 70 centros e museos de todo o mundo nunha experiencia de bookcrossing, na que se liberarán máis de 5.000 volúmenes relacionados con diferentes disciplinas.
Tódolos centros, a través do bookcrossing ou campaña de liberación de libros, pretenden inunda-las cidades con volúmenes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas. Tódolos libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitarlle ó lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indica-lo lugar onde liberarán cada exemplar.
O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos ó esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.
Nesta proposta participan outros centros galegos, como o CGAC, MARCO de Vigo, o Museo das Peregrinacións e o Museo de Belas Artes da Coruña, entre outros.
http://www.youtube.com/watch?v=EhAp0XyMGL4&feature=youtu.be