
“O bestiario de Granell”
Prazo de admisión dos traballos: 1 ao 18 decembro
Entrega de premios: 21 de decembro, ás 18.30 h.
Datas da exposición das obras presentadas ao Certame: 21 decembro, 2011- 8 xaneiro, 2012
Un ano máis en colaboración co Centro Comercial Área Central, a Fundación Eugenio Granell celebra o Certame de Arte Escolar Eugenio Granell neste mes de decembro.
O certame que está aberto a todos os escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos e, entre 6 e 12 anos, leva por título este ano O bestiario de Granell, tema relacionado coa exposición que actualmente ocupa as salas do noso museo.
Queremos que os escolares sexan partícipes da grande importancia que o mundo animal ten na obra de Granell e nas coleccións da Fundación e mostren a súa particular visión.
Este ano outorgarase un premio especial aos nenos de 3 a 5 anos.
BASES DO CERTAME


