
Grupo Tep. Teatro En Punto: Gloria Rico, Roberto Leal, Fer Ocampo
Días 27, 28 ás12.00 h.
Día 29, ás 12.00 e ás 18.00 h.
Entrada 5
Venda anticipada, a partir do 14 de decembro, na recepción do Museo.
Dirixido ao público infantil e adolescente, o Teatro En Punto presenta o proxecto Merenda de libros que non é exactamente unha obra de teatro senón un xogo, unha proposta arredor dos conceptos palabra e libros.
Tres personaxes adultos póñense a merendar textos. Xogando no mundo da fantasía e a través dos conceptos libro e palabra como base dos distintos xogos nos que o público pasa a ser colaborador. Hai en todo momento un achegamento entretido e lúdico ao mundo das letras como parte dunha realidade común e máis cotiá do que coidábamos.