Antoloxía de referencia. Etapa de fundación
Xoves 24 de novembro
20.00 h.
O movimento sentimentalista o sentimental-ISMO presenta na Fundación Eugenio Granell o libro: Antoloxía de referencia. Etapa de fundación. Trátase dun volume colectivo, no que participan as catro autoras e os tres autores que constitúen o grupo fundador desta nova corrente de vangarda artística galega. Está coordinado por Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira, e complétana Carlos Arias Iglesias, Cristina Ferreiro Real, Xesús Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei e Xesús Manuel Valcárcel, autor da introdución.
O sentimental_ISMO busca a expresión pura, libre de dependencias, aínda que recoñece a realidade e as circunstancias culturais e sociais como o marco no que se integra o traballo creador. Procura, así mesmo, darlle un sentido poético a calquera acto da vida, como expresión do ser humano consciente e da súa capacidade de converter en beleza e harmonía calquera momento da súa existencia.