
21 setembro – 13 novembro
Comisariada por Natalia Fernández Segarra esta exposición rende tributo ao que foi amigo de Granell durante toda a súa vida.
A amizade entre Granell (A Coruña) e Rubia Barcia (Ferrol) comezou en Madrid, onde ambos estudaban: Granell, música e Rubia Barcia dirixíase cara á carreira de arabista. Granell era do POUM, Rubia Barcia era socialista. A Guerra Civil Española separounos, pero reencontráronse nos EEUU. Granell estaba en Nova York e Rubia Barcia nos Ánxeles. Esta exposición xorde da extensa correspondencia entre ambos anos 60 a anos 90 e mostra, principalmente, a colaboración de Granell como debuxante coas dez obras que creou para o libro de poemas de Rubia Barcia, Umbral de sueños.