
Trátase dunha nova estancia deseñada interiormente polo arquitecto Marcos Zacarías, que completa o proxecto do renovado espazo museístico tras a reforma levada a cabo o pasado ano 2010.
Fotografía: Sala Lucernario, 2011
Esta proposta complétase coa colocación da peza Árbol 32, que o artista Xurxo Oro Claro doou específicamente para este espazo.
Ubicado no antigo patio interior do Pazo de Bendaña, Zacarías ideou un novo espazo, unha creación aberta ó enxeño cultural e un lugar de sensacións onde relaxarse, meditar ou refrescar ideas. A herba que cubre o solo da estancia, invita a a se descalzar no patio que un día soñaches, onde a inspiración se une co gusto. Nunha intervención axustada á nosa crise; reversible no seu formato; recuperable no seu contido. Un recuncho do museo, que anima a espertar unha idea que comeza. Como lugar de paso ou de encontro, ou simplemente un lugar onde tomar un café contigo mesmo, mentras observas o ceo da cidade a través dun teito de cristal que mostra un ceo cambiante nas diferentes estacións do ano. Deste modo a Fundación Eugenio Granell reinvéntase á cidade como expositor, mostrador e xerador de actividade cultural, cun espacio polivalente adaptado ás necesitades do público, dende os máis pequenos ata os nosos maiores.
No lucernario disporás de conexión gratuita a internet, ou poderás consultar as publicacións do noso museo, así como unha variada selección de publicacións culturais para poñerte ó día de todo o que suceda no mundo da arte e da cultura.
Ademáis poñemos á túa disposición diferentes productos de cafetería para que poidas desfrutar da nosa proposta co teu grupo de amigos/as.


