Home » Actividades » Ciclo de conferencias

Ciclo de conferencias

Por  mor  da recente inauguración da biblioteca persoal de Granell, organizase dende a área da biblioteca do museo, un ciclo de charlas expoñendo o traballo de tres investigadores.

9 de Xuño, ás 20:00 horas
– María Lopo: Doutora en Literatura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña e especialista en poesía contemporánea francófona xunto con Claudio Rodríguez-Fer, director de Moenia e da Cátedra Valente de Poesía e Estética na Unversidade de Santiago presentarán a separata da revista Moenia, “Misivas de bucaneiros. A correspondencia entre Eugenio Granell e Benjamin Péret”, onde se analiza a relación entre ámbolos dous artistas a través das súas cartas.

23 de Xuño, ás 20:00 horas
Joaquín Lameiro Tenreiro: Investigador do Departamento de Filoloxía Española e Latina da UDC, falará do interesante tema “Eugenio Granell y La Poesía Sorprendida: Surrealismo y Revolución en la América Antillana”, onde o autor analiza a figura de Granell como escritor e co-director desta revista.

30 de Xuño, ás 20:00 horas
– Violeta González Forte: Investigadora do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, presentará o seu estudio sobre “A Fundación Eugenio Granell. Legado artístico e bibliográfico”. 

Conferencia Violeta González Forte