
Proxecto expositivo do CPI de Vedra para a Fundación Eugenio Granell.
Inauguración 11 de maio ás 19.00 horas
-ALUMNADO PARTICIPANTE: EDUCACIÓN INFANTIL , 1º E 2º DE PRIMARIA (DE 3 A 8 ANOS);
1º ESO, 3º ESO e 4º ESO (DE 12 A 16 ANOS-17 ANOS)
-TEMÁTICA: O SURREALISMO, enfocado de distintas maneiras (1,2,3 e 4):
1.Traballos de infantil e primaria: Tres traballos colectivos que reproducen de forma libre obras de Granell
2.Traballos de 1º Eso : Ilustracións de soños dos alumnos utilizando a técnica da colaxe . Para elaborar dita colaxe, empregáronse texturas realizadas polos propios alumnos con ceras, pintura rotuladores e lapis.
3.Traballos de 3º Eso : Colaxe de temática surrealista traballando esta vez o fotomontaxe a partires de revistas.
4.Traballos de 4ºEso divídense en varios grupos: (a,b,c, d) a) Reinterpretación tridimensional da obra de Granell. Os alumnos elexiron unha obra do pintor e a trasladaron á expresión plástica en 3D, de diversas maneiras: Descompoñendo a imaxe en planos de profundidade dispostos en varios niveis, incorporando as veces obxectos Traballando directamente a escultura en barro. Dibuxando sobre cartón-pluma xerando zonas con máis ou menos relevo b)Retratos de Eugenio Granell, a partires dunha imaxe común para todos. Cada alumno debe atopar o seu propio estilo ´ña hora de dibuxar. c) Dibuxos do natural con técnica seca, a partires de maquetas surrealistas en 3D realizadas polos alumnos en caixas de cartón ou madeira. d) Reinterpretación tridimensional da obra de algún artista surrealista da época.


