Home » Actividades » Maratón de lectura

Maratón de lectura

Xoves 26 maio
10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura seguindo co seu obxectivo de fomentar a tarefa de apoio e promoción da literatura.
Neste ocasión aproveitando a inauguración da Biblioteca Granell ubidcada no terceiro andar do noso museo e formada polos fondos persoales doados polo artista, fixemos unha selección daqueles autores de literatura con máis títulos nesta biblioteca e que consideramos atraían a Granell dun xeito especial.
. Cervantes . Valle-Inclán . Pérez Galdós . Unamuno . Quevedo . Lope de Vega . García Lorca son os autores seleccionados para as lecturas deste maratón.
O xoves 26 de maio todo o que queira, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, poderá achegarse á Fundación a escoitar ou a participar lendo algúns fragmentos dos escritos dos autores seleccionados.
Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.