Home » Exposicións » A BIBLIOTECA DE EUGENIO GRANELL

A BIBLIOTECA DE EUGENIO GRANELL

Foi Inaugurada o 15 de marzo ás 20:00 h. Exposición comisariada por Natalia Fernández, Directora da Fundación Granell.
Fotografía: Eugenio Granell no seu despacho de Madrid, anos 90.

O acto contará coa presenza do Presidente do Padroado da Fundación e Alcalde de Compostela Xosé A. Sánchez Bugallo, e do Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia Roberto Varela.
A mostra dará a coñecer a inxente biblioteca persoal de Granell, creada conxuntamente por Eugenio Granell e a súa dona Amparo Segarra. A exposición está formada por volumes coidadosamente escollidos pola comisaria, moitos dedicados, correspondencia pertencente ao arquivo persoal do artista, a mais dunha escolla de artigos, revistas y fotografías. A comisaria brinda ao espectador as coordenadas para situarse no mapa de toda unha vida de coñecemento.
A exposición ocupará a maior parte das salas do Pazo de Bendaña. A montaxe complétase con cadros de Granell relacionados co mundo das letras. Haberá libros de e sobre Granell e, en palabras da comisaria, tamén escritos dos seus bos amigos surrealistas Bretón, Duchamp, Péret Lam… Outras salas mostrarán libros de Literatura, Surrealismo, Política -sobre todo do P.O.U.M e da Guerra Civil-, Arte, e mesmo doutros temas que interesan ao artista como a Alquimia, a Filosofía, Socioloxía e Psiquiatría; na montaxe abrolla bibliografía sobre outros temas como au Tauromaquia ou conquista do oeste norteamericano.
En definitiva, todo un universo de intereses.