Home » Actividades » ÁLBUM ILUSTRADO DANÉS

ÁLBUM ILUSTRADO DANÉS

2-26 de marzo

A Fundación Eugenio Granell presenta a mostra Álbum ilustrado danés; exposición que leva aparellado todo un conxunto de actividades arredor da ilustración infantil, a desenvolver durante todo o mes de marzo, orientado a nenos, maiores e familias.
A exposición, que foi producida polo Comité Literario do Consello das Artes de Dinamarca, consta de 30 obras ilustradas, montadas sobre 46 caixas de luz. A mostra consta dunha escolla formada polos mellores albumes ilustrados da literatura infantil danesa. A selección abarca dende pezas de clásicos da tradición do álbum ilustrado, até exemplos transgresores, como o Hamlet ilustrado por Dorte Karrebæk.. As pezas más antigas son de Okker Gokker gummiklokker e de Arne Ungermann do ano 1943 a s mais recentes son do ano 2009.
A mostra será inagurada o día 2 de marzo ás oito do serán do día 2, pola Concellala de Educación do Concello de Compostela Mercedes Rosón, e contaremos coa presenza da Agregada Cultural da Real Embaixada de Dinamarca en Madrid, Sarah María Bogantes maís a comisaria da mostra Ainara Bezanilla.

Más información

Informacion familias