
Wir Frauen
Presentación do work in progress
Xoves 24 de febreiro ás 20.00 horas
Na Sala Lucernario, cedida amablemente para tal fin pola Fundación Eugenio Granell, presentase o proceso de creación dun espectáculo de teatro que se inicia en xullo do 2010 e que se estreará no Teatro Ensalle de Vigo o vindeiro mes de abril do ano que andamos.
Creación e interpretación: Helen Bertels
Textos: Clara Gayo y Helen Bertels
Vestiario: Matilde Rodríguez Vázquez
Iluminación: Manu Lago
Deseño gráfico: Dolores Folgar y Manu Lago.
Fotografía: Miguel A. Suárez y Teresa González Borace.
Xestión e distribución: La Tía Mardalina
Vídeo: Teresa de la Hera
Producen: Helen Bertels y La Tía Mardalina
Espazos colaboradores: Centro Dramático Galego, Fundación Eugenio Granell, Laboratorio de Movementos,Espazo Aberto.
Agradecementos: Mónica García, Clara Gayo, Matilde Rodríguez Vázquez, Manu Lago, Miguel A. Suárez,Teresa de la Hera, Teresa González Borace, Dolores Folgar. Moitas grazas polo voso apoio e traballo.
Ela é máis ou menos alta, guapa, máis ben atractiva, loira, un bó formato, unha de esas persoas que ves pola rúa e non podes deixar de mirar porque queres saber porque non a podes deixar de mirar, de seguro que cociña ben. Non é que queira coñecela, daríame pereza, máis ben teñolle certo medo, creo que ten todo o que eu non teño. É perfecta. Chegado a un punto decidín que sería bo empezar a facerse preguntas.
Polo de agora empecei a estudar filosofía. É un bó día soleado de abril empecei a darlle voltas de maneira caótica a un tema. Cheguei a algún lado, pero vexan vostedes por sí mesmos. O tema é a muller e este é o resultado.
Helen Bertels é actriz alemana residente en Santiago de Compostela. Traballou durante 8 años con Ana Vallés e Baltasar Patiño no Teatro Galán, no Festival Internacional En Pé de Pedra e na súa compañía Matarile Teatro participando en cinco montaxes seus entre o 2001 e o 2008. Na actualidade combina traballos de teatro e audiovisual co inicio de seu traballo como creadora. Como actriz formase en Barcelona no CECC (Centro dEstudis Cinèmatografics de Catalunya) conBojan Ivic e Daniela de Vecchi e en talleres con Ana Vallés, Sara Molina, Sonia Méndez y Macarena Pombo. Ten participado en obradoiros de danza, entre outros, con Andrés Corchero, Juschka Weigel, Hisako Horikawa e Daniel Abreu e de voz con Ramón Bermejo e Ramón Vázquez.
Wir Frauen e o primeiro proxecto no que La Tía Mardalina cede a súa estructura a novos creadores para que no sexa necesario que estos teñán que montar compañía para levar a cabo o seu traballo artístico.