
NECESITAMOS O TEU APOIO PARA CONSEGUIR O MOBILIARIO NECESARIO PARA COLOCAR O LEGADO BIBLIOGRÁFICO DE EUGENIO GRANELL
Deixa a túa pegada patrocinándonos!
O teu nome será amosado no noso espazo de Biblioteca
Coa chegada á Fundación da Biblioteca Persoal de Eugenio Granell, antes ubicada en Madrid, creouse un novo espazo no terceiro andar do Pazo de Bendaña para albergar os 12778 volumes, 476 publicacións seriadas, 1179 carpetas, 370 folletos e 112 materiais diversos.
O legado de Granell non só está formado por libros, senón tamén por xornais, revistas, catálogos, folletos, arquivos, etc. Así como un importante arquivo de correspondencia entre Granell e outros intelectuais, entre os anos 1939 e 2007.
Xunto á biblioteca crearase un espazo expositivo para amosar libros dedicados ou ilustrados por Granell, ou con portadas de Granell, revistas con artigos e/ou ilustracións do artista, así como cartas e documentos.
Só faltas ti na Biblioteca de Eugenio Granell
Calquera cantidade que podas achegar será importante.
FORMAS DE REALIZAR O INGRESO:
1) – PAGAMENTO DIRECTO DESDE A NOSA PÁXINA WEB:
Por favor, se desexas realizar o pagamento agora, preme aqui.
2) – MEDIANTE TRANSFERENCIA BANCARIA:
2.1) Se vostede dispón do servizo de banca electrónica poderá realizar a transferencia sen necesidade de desplazarse á súa entidade bancaria.
2.2) Se non dispón deste servizo deberá dirixirse directamente á súa entidade bancaria.
Número de conta: 2080 0155 17 0040029345 de Caixanova
Para doar desde o estranxeiro, efectue o ingreso através do nº
IBAN: ES84 2080 0155 17 0040029345 / Swift: CAVIES2V
3) MEDIANTE INGRESO EN EFECTIVO:
Acudindo persoalmente á oficina da Fundación Eugenio Granell.
Por favor, no caso de realizar o ingreso baixo as opcións 2) e 3), enche este formulario para deixar constancia dos teus dados e da cantidade doada a efeitos do noso rexistro interno, e para poder ter acceso a beneficios fiscais, preme aqui.
Aquelas entregas que superen a cantidade de 35 outorgarán ao colaborador o dereito a pór o seu nome nun lugar destacado da nosa Biblioteca.