Saltar ao contido
Home » Exposicións » Granell en persoa

Granell en persoa

    29 novembro – 12 decembro
    ENCÓNTRATE CON GRANELL O vindeiro 29 de novembro celebramos a data do nacemento de Eugenio Granell.

    Con motivo deste acontecemento, tal como vimos facendo dende hai uns anos, a Fundación propón unha serie de actividades: A exposición, Granell en persoa achegaranos á faceta máis íntima do artista a través de tres bloques de material: unha escolla de obxectos persoais do artista, unha biografía visual de Granell por medio dun políptico fotográfico; a mais dun achegamento máis reflexivo á súa figura, a través dunha escolla de materiais sonoros pertencentes ao arquivo sonoro da Fundación Granell: declaracións do artista en diferentes ámbitos, retrincos de entrevistas no medio radiofónico…
    A mais de propoñervos de novo unha actividade lúdica e participativa que xa fixemos na celebración do Natalicio de Granell no ano 2008, o xogo Encóntrate con Granell. Un xogo que consiste en re-interpretar o autorretrato de Eugenio Granell do ano 1944, un debuxo realizado en tinta chinesa sobre papel, que presidirá a mostra, a cal englobará esta actividade lúdica
    PAUTAS PARA A PARTICIPACIÓN NO XOGO
    Mediante os materia que queirades aportar e utilizar, intervide sobre a obra que vos propoñemos.
    Cada participante pode utilizar a técnica que lle resulte máis apropiada: colaxe, pintura, escritura, …… Outra opción do xogo consiste en que creedes un título para a obra coa que ides a traballar, o que lle conferirá unha nova visión á mesma. Podedes entregar as vosas pezas na recepción do museo ou enviar unha imaxe na vosa creación, a cal será proxectada na mostra.
    As obras que realicedes serán expostas na Fundación Eugenio Granell e poderedes ver os traballos realizados ata o día 12 de decembro. Co gallo do aniversario do natalicio de Granell, realizarase tamén unhas xornadas de portas abertas, dende o día 26 de novembro ao día 12 de decembro.
    Agardamos que a nosa proposta sexa do voso interese, e vos resulte divertido colaborar con esta iniciativa.
    Autorretrato de Eugenio Granell