Home » Actividades » Presentación libros de Eugenio Granell

Presentación libros de Eugenio Granell

“Artículos políticos 1932-1990”
“Correspondencia con sus camaradas del POUM. 1936-1999”
19 de novembro ás 19.30 horas
Biblioteca Gòtic-Andreu Nin, Barcelona

EUGENIO GRANELL: CORRESPONDENCIA CON SUS CAMARADAS DEL POUM
Tratase dunha escolma de correspondencia mantida entre Eugenio Granell e os seus camaradas do POUM dende o ano 1939, durante o seu primeiro exilio en Francia, ata os anos 90. O volume abrangue un amplísimo período da súa biografía, no que a carta é un vehículo fundamental de comunicación e cohesión para un grupo de persoas, os militantes do POUM, lacerado pola diáspora. A mais de manter ao grupo cohesionado e mailo partido activo, as cartas contribuíron a manteren vivo o debate intelectual. Un tema recorrente no amplo período cronolóxico que abrangue o libro, é a defensa do ideario poumista contra dos continuos ataques do stalinismo imperante. Esta selección de cartas, constitúen, a maiores unha arrepiante testemuña de lo que supón padecela condición de exiliado, constituíndo esta moi reveladora achega ó lado humano de Eugenio Granell e dos seus camaradas do partido.
ARTÍCULOS POLÍTICOS DE EUGENIO GRANELL. É unha publicación que recolle una selección de artigos de análise político asinados por Eugenio Granell, que abrangue una extensa franxa temporal comprendida entre o ano 1932- data na que Granell, á temperá idade de 20 anos sorprende pola madureza do seu discurso político- e o ano 1987; lo que da fe da importancia capital que a actividade política ten representado na vida do creador. A publicación foi prologada por Pello Erdoziain. Esta escolla de artigo, pretende achegarnos ao pensamento político de Eugenio Granell, coñecido fundamentalmente pola súa faceta como creador plástico e literario, e da trestemuña da súa incorruptible militancia na esquerda trotskista e anti-stalinista . O volume crea un percorrido cronolóxico a través do pensamento político de Eugenio Granell como militante organizado: dende os seus primeiros artigos no Soviet, en 1932 -Izquierda Juvenil Comunista- e os publicados en Comunismo como membro integrante da ICE- Izquierda Comunista Española-, ata a periódica manifestación do seu pensamento político en publicacións do POUM como La Batalla – 1935- 1937-, ou outras publicacións nas que escrebe no exilio como La Nación o España Libre.Tamén aparecen aqueles artigos que Granell firma en publicacións de diversa índole, sempre facendo gala dunha teimosía impenitente na defensa da súa ideoloxía durante toda a súa vida, como queda patente, poñendo por caso os artigos publicados no Diario 16 ou no xornal El Mundo, durante os anos oitenta. .